Xeración de modelos xeométricos de vertiport para a execución de simulacións CFD
Autoría | Martín Rodríguez Fernández |
Data de defensa | 23/02/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Higinio González Jorge Titoría: Elena Beatriz Martín Ortega |
Tribunal |
Presidencia: Fernando Guillermo Isasi de Vicente Vogalía: Pedro Orgeira Crespo Secretaría: Fermín Navarro Medina |
Resumo | O presente Traballo de Fin de Grao consiste na xeración dun modelo xeométrico que representa a rexión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), e o seu posterior sometemento a unha serie de análises CFD que estudan a súa interacción co vento proveniente do mar. Para a representación da rexión do hospital foi creado un modelo do terreno a partir de información do Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIG), o complexo de edificios foi creado ca ferramenta SolidWorks. Finalmente ámbolos dous modelos foron xuntados nun mesmo arquivo. O modelo xeométrico foi sometido a simulacións do fluxo do vento no software OpenFOAM, empregando un modelo de turbulencia RANS. Por último se estudaron os resultados obtidos cas simulacións, e se propuxeron unha serie de futuros traballos que complementarían este proxecto. Palabras clave: nube de puntos, CFD, turbulencia OpenFOAM, modelo de turbulencia, modelo xeométrico, simulación. |