Análise de seguridade nas Smart Cities
Autoría | Andrés Antonio Gutiérrez Hernández |
Data de defensa | 27/01/2022 |
Titulación | Master Universitario en Dirección TIC para a defensa |
Centro | Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín |
Dirección |
Cotitoría: Francisco Javier Rodríguez Martínez Titoría: Javier Vales Alonso |
Tribunal |
Secretaría: José María Núñez Ortuño Presidencia: Miguel Ángel Manuel Merino Gil Vogalía: Fernando Suarez Lorenzo |
Resumo | As cidades son unha das características máis identificables da especie humana, hainas en todas as culturas e representan un poderoso indicador de crecemento económico e social. Hoxe en día a maior parte da poboación desprázase a áreas urbanas para a mellora da súa calidade de vida. O propósito deste traballo é o de ofrecer mediante un exercicio teórico de análise de riscos unha visión da seguridade na cidade intelixente. Unha cidade intelixente é aquela que se atopa nun proceso de mellora continua, especialmente TIC, para mellorar a súa sustentabilidade, calidade de vida, eficiencia de servizos e competitividade. Nese sentido chaman a atención a incorporación de novas tecnoloxías como Big Data, Data Mining, o uso da nube e aquelas relacionadas co Internet das Cousas. Durante a análise identifícanse os servizos que describen con mais exactitude á maior parte das cidades intelixentes de hoxe en día en España, como a xestión de residuos ou control avanzado de trafico. Identifícanse os activos mais importantes destes servizos. Posteriormente analízanse as ciberamenazas mais comúns. Finalmente se correlaciona ameaza e activos para obter un mapa de calor de riscos. Como resultado obsérvase que aumentan algo novas contornas de riscos como contadores intelixentes e dispositivos IoT. Con todo, mais rechamante é como aumenta a dependencia coa infraestrutura TIC tradicional, o aumento de puntos de acceso a internet e as relacións con terceiros, especialmente pola nube. |