Tendencias de e-commerce post-COVID-19
Autoría | Lara Martínez Vázquez |
Data de defensa | 25/11/2021 |
Titulación | Grao en Comercio |
Centro | Facultade de Comercio |
Dirección |
Titoría: Jacinto González Dacosta |
Tribunal |
Titoría: Jacinto González Dacosta |
Resumo | RESUMO O 2021 está a ser o ano da consolidación dos hábitos de consumo que os compradores foron adquirindo ao longo do 2020 como consecuencia da pandemia pola COV-19. A venda a través de plataformas en liña, denominada comercio electrónico, viuse acelerada por mor das restricións e recomendacións sanitarias, as empresas tiveron que adaptarse deseguido a esta nova normalidade, incorporando ou mellorando a canle de venda en liña para non desaparecer e así aproveitar a oportunidade estratéxica, pero como a competencia na internet crece cada día máis é importante coñecer ao novo consumidor, que xa non é soamente a xeración máis nova e estar ao tanto das súas últimas preferencias para poder adiantarse aos seus futuros comportamentos. Este traballo céntrase nas novas tendencias de e- commerce xurdidas post cov-19 e en especial nas tendencias do sector de alimentación, para iso, abarcaranse cuestións como a orixe do comercio en liña, as súas variantes, as canles de venda do sector de alimentación e a actual conxuntura social, económica e sanitaria que derivou en todos estes cambios sociais. PALABRAS CLAVE Comercio electrónico, pandemia, hábitos de consumo, COV-19, tendencias. |