Identificación de xenes reguladores da síntese de glicoerucina a baixas temperaturas
Data de defensa | 18/11/2021 |
Titulación | Grao en Bioloxía |
Centro | Facultade de Bioloxía |
Dirección |
Titoría: María Elena Benito Rueda Cotitoría: Víctor Manuel Rodríguez Graña |
Tribunal |
Vogalía: María Paloma Morán Martínez Presidencia: Jesús Manuel Míguez Miramontes Secretaría: María Fuencisla Mariño Callejo |
Resumo | Os glicosinolatos son compostos característicos das plantas da familia das crucíferas. Xogan un papel determinante como compostos defensivos fronte a estreses bióticos. Non obstante, o papel destes compostos fronte á tolerancia a estreses abióticos estase comezando a estudar. Na actualidade non se coñecen moitos xenes que regulen a síntese destes compostos fronte a estreses abióticos. En traballos preliminares identificouse unha rexión no cromosoma I de A. thaliana que regulaba a síntese de glicoerucina (GER) cando a planta se desenrolaba en condicións de frío. Co obxectivo de identificar o xene responsable desa regulación, fixéronse análises bioquímicos mediante cromatografía líquida de alta eficacia (UPLC) para determinar o contido en glicoerucina nas plantas dunha poboación F2 a partires de pais que segregaban GER (Col-0: baixo contido e Sf2: alto contido). Seleccionáronse 104 individuos con perfil Col-0 e 33 individuos con perfil Sf2. Cos individuos seleccionados realizouse o mapeo empregando ferramentas como a PCR, electroforese e o deseño in silico de novos primers e marcadores moleculares. Concluíuse que o xene de interese se atopaba na rexión do cromosoma I comprendida entre a posición 24548962 e a 25685587 pb. Para delimitar máis esta rexión procedeuse ao deseño de novos marcadores, conseguindo un novo marcador o dCAPS1. Palabras clave: glicoerucina, estrés abiótico, QTLs, biosíntese glicosinolatos, mapeo fino |