Desenvolvemento dun xogo orientado ao aprendizaxe de cálculo matemático mental nos primeiros niveis educativos para aplicacións móbiles multiplataforma
Autoría | Miguel Mato Martínez |
Data de defensa | 17/11/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Alfonso Lago Ferreiro Cotitoría: Alma María Gómez Rodríguez |
Tribunal |
Presidencia: Angel Manuel Espada Seoane Secretaría: Enrique Paz Domonte Vogalía: Juan Sáez López |
Resumo | Os xogos educativos son un ferramenta multimedia para adaptar a aprendizaxe ás tecnoloxías dispoñibles actualmente. Crearase unha aplicación multiplataforma que poderá ser empregada como un xogo educativo para a mellora do cálculo mental nos primerios niveis educativos. Para a creación da aplicación móbil empregarase o framework Flutter, que permite crear unha aplicación para iOS e Android con unha única base de código. Este framework esta apoiado por Google e emprega a linguaxe de progamación Dart. O contido da aplicación será un xogo con puzles matemáticos que o usuario deberá resolver mediante operacións matemáticas. Funcionará sen conexión a internet mediante unha base de datos local con niveis prexenerados e tamén presentará unha sección multixogador. Para realizar o proxecto, seguirase a metodoloxía Scrum mediante fitos progresivos. |