Localización parcial do videoxogo Unknown Horizons do inglés ao castelán e análise crítica-contrastiva coa localización proposta polos desenvolvedores
| Data de defensa | 16/11/2021 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Joan Miquel Verges |
| Tribunal |
Titoría: Joan Miquel Verges |
| Resumo | Neste traballo proponse unha localización parcial alternativa do inglés ao castelán para os «escenarios» do videoxogo Unknown Horizons e ofrécese unha análise contrastiva entre a nosa localización e a oficial. En primeiro lugar, contextualízase a localización de videoxogos facendo un percorrido histórico e describindo os conceptos xerais do sector. Posteriormente profúndase máis no tipo de videoxogo que é Unknown Horizons, as súas características e dificultades de localización máis habituais. En segundo lugar, preséntase a metodoloxía, ferramentas e resultados da localización parcial que propoñemos como alternativa para a versión en castelán do xogo. En terceiro e último lugar, compárase criticamente a nosa localización do inglés ao castelán coa oficial integrada en Unknown Horizons. Palabras chave: localización, videoxogos, Unknown Horizons, código aberto, tradución. |