Rehabilitación enerxética de un edificio plurifamiliar existente de vivendas en A Guarda, Pontevedra.
Data de defensa | 17/09/2021 |
Titulación | Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Cotitoría: Francisco Javier De la Puente Crespo Titoría: Fernando Cerdeira Pérez |
Tribunal |
Vogalía: Eloy Díaz Dorado Presidencia: Camilo José Carrillo González Secretaría: Jorge Carlos Morán González Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez |
Resumo | O presente traballo consistirá na realización práctica de como levar a cabo unha rehabilitación enerxética dun edificio existente. Teranse en conta tanto os puntos máis desfavorables do edificio no comportamento térmico déste, como a totalidade das instalacións integrantes na labor de quecemento ou arrefriamento, acoutando os problemas reais e solventándoos da mellor maneira posible. O presente traballo adquire o rango de proxecto pola súa envergadura e no cal se acompañarán unha serie de documentos técnicos necesarios para completalo. As intervencións a realizar consistirán no seguinte: incorporación de illamentos térmicos, cambio das xanelas existentes, cambio dos equipos existentes e incorporación de outros novos para adaptalos as novas esixencias das normativas pertinentes. Neste caso, as normas máis destacadas son o Código Técnico da Edificación (de aquí en adiante, CTE) seguindo a última versión aprobada no Real Decreto 732/2019, de 20 de diciembre, por el que se modifica el Código Técnico de la Edificación, aprobado por el Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo; e o Regulamento de Instalacións Térmicas (de aquí en adiante, RITE) aprobado no Real Decreto 1027/2007, de 20 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Instalaciones Térmicas en los Edificios. Unha vez contempladas as medidas de mellora e o cumprimento das mesmas, o presente documento será acompañada do orzamento, estudio básico de seguridade e saúde, estudio de xestión de residuos, ciclo de |