Avaliación da incidencia de Botrytis cinerea na vide e a súa relación coas condicións ambientais e a fenoloxía
| Data de defensa | 16/09/2021 |
| Titulación | Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental |
| Centro | Facultade de Ciencias |
| Dirección |
Cotitoría: María Fernández González Titoría: Francisco Javier Rodríguez Rajo |
| Tribunal |
Secretaría: Paula Pérez Rodríguez Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rajo Vogalía: Sandra Rivas Siota |
| Resumo | O presente estudo ten como obxectivo coñecer a incidencia de Botrytis cinerea nun viñedo do Noroeste de España, para iso levouse a cabo un monitoreo das concentracións de esporas de B. cinerea, nos anos 2017-2020. Analizáronse as variables meteorolóxicas máis idóneas para o desenvolvemento de patóxeno, e tamén se realizou un seguimento fenolóxico en 20 exemplares da variedade de vide Treixadura, para coñecer en que estadíos as plantas son máis vulnerables á infección. Con toda esa información púidose desenvolver un modelo de regresión lineal capaz de predicir as concentracións de B. cinerea e así poder determinar cando existe risco real de infección. |