Formulación e proceso de produción de xeados veganos
Data de defensa | 16/09/2021 |
Titulación | Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Titoría: Sidonia Martínez Suárez |
Tribunal |
Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rajo Vogalía: Sandra Rivas Siota Secretaría: Paula Pérez Rodríguez |
Resumo | Nos últimos anos o consumo de produtos veganos foi en aumento, debido ao crecente número de consumidores que queren alimentos que non son de orixe animal, así como dos que queren unha dieta máis sa. A industria tenta adaptarse ás necesidades do consumidor, sendo os produtos veganos unha liña en auxe. Tendo en conta isto, este traballo pretende establecer o proceso de produción dun xeado de pistacho libre de materias primas de orixe animal, de alta calidade organoléptica, fisicoquímica e nutricional, seguro e cun alto nivel de aceptación por parte do consumidor. |