Deseño e análise dunha prótese de man antropométrica con funcionalidade de agarre e equivalente mecanicamente a unha humana.
Autoría | Adriana Moreiras Blanco |
Data de defensa | 16/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: José Luis González Cespón |
Tribunal |
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño Vogalía: Rafael María Carreño Morales Secretaría: Manuel Casal Guisande |
Resumo | O presente proxecto busca cubrir as necesidades daquelas persoas que viron a súa vida afectada pola perda dun membro superior, en particular, da man. Preténdese realizar o deseño dunha prótesis de man que cumpra o maior número de funcionalidades posible. Por outra banda, preténdese que o deseño sexa mecánicamente equivalente, é dicir, mesmo CDG, cinemática e inercias ademais de buscar un aspecto o máis similar a unha man humana. Realizarase un estudo dos membros superiores, así como dos seus principais movementos para coñecer as súas características. Tamén se estudarán os diversos tipos de amputaciones existentes. Tamén, realizarase un estudo da antropometría da man para que o deseño sexa o máis realista posible. Por outra banda, situarase un marco teórico en relación á evolución das prótesis, os materiais máis usados e a clasificación das mesmas. No relativo ao deseño, estudarase o mecanismo do movemento e a partir de aí levarase a cabo o deseño e ensamblaje da prótesis tomando como referencia as medidas antropométricas da man. Estudaranse tamén as técnicas de prototipado rápido coa finalidade de realizar un prototipo previo ao deseño final. |