Desenvolvemento de melloras de eficiencia enerxética en FINSA FIBRANOR.
Autoría | Diego San Facundo López |
Data de defensa | 15/09/2021 |
Titulación | Máster Universitario en Enxeñaría Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Manuel Pérez Donsión |
Tribunal |
Vogalía: Pablo Izquierdo Belmonte Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara Secretaría: Xosé Manuel López Fernández Vogalía: Enrique Soto Campos Vogalía: Jorge Marcos Acevedo |
Resumo | Na industria do sector da fabricación da madeira, moitas empresas consomen un porcentaxe significativamente maior de enerxía respecto á debida durante os diferentes procesos produtivos, en moitos casos evitable, o que conleva uns maiores custos enerxéticos. FINSA Fibranor,empresa de fabricación de taboleiros de madeira( de piñeiro principalmente), conta cunha gran cantidade de procesos de fabricación ou transformación e, nalgúns deles, a enerxía consúmese mentres se realizan operacións, sendo éstas unhas perdas que se poden reducir ó máximo posible mediante a instalación de diversos mecanismos. En dita empresa, tratáranse determinadas liñas onde as melloras de eficiencia enerxética sexan máis factibles de levar a cabo e nas que se avaliarán determinadas solucións, realizando unha análise enerxética de cada unha delas, así como unha análise económica que determinará o custo da inversión requerida e o período de amortización do desembolso. Este será o que defina de forma concluínte a viabilidade de cada proposta resolutiva, sempre e cando os aforros enerxéticos sexan significativos. Na memoria, analizaranse polo miúdo, polo tanto, as problemáticas actuais, a solución e a lexislación a empregar, así como o emprazamento, os cálculos xustificativos, os planos e as conclusións. |