Deseño dunha misión espacial aos domos Gruithuisen
Data de defensa | 14/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Daniele Tommasini Cotitoría: Fermín Navarro Medina |
Tribunal |
Presidencia: Ricardo Javier Bendaña Jácome Secretaría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo Vogalía: Diego Carou Porto |
Resumo | O contido deste traballo de fin de grado céntrase no deseño dunha misión á Lúa, en concreto aos domos de Gruithuisen. Para elo un cohete de lanzamento colocará en LEO a un vehículo espacial que logo viaxará ata unha órbita luar. No seu interior contén un módulo de aterrizace e un rover, este último ten incorporado un brazo robótico a partir do cal podemos coller mostrar deste terreo inexplorado, permitíndonos cumplir varios obxectivos científicos como pode ser a determinación e o orixe do material que está presente nestas rexións. Para o viaxe interplanetario plantéanse diferentes posibilidades que se comparan entre eles a patir duns criterios concretos, no noso caso priorizamos o tempo, o custo e a complexidade. Despois de analizar al diferentes opcións realizaremos cálculos analíticos do custo da maniobra e posteriormente unha simulación en STK da transferencia Terra-Lúa. Con respecto ao orbitador, módulo de aterrizaxe e rover realizaremos un deseño conceptual a partir de modelos xa existentes e con experiencia en misións similares. Polo tanto, comentaremos diferentes aspectos dos subsistemas identificados como máis importantes para esta misión: propulsión, potencia, telecomunicacións e térmico. Ademais, realizouse un modelado 3D do rover integrando todos os instrumentos necesarios para a misión. |