Estudo das alternativas de propulsión sostible para a ruta aérea Madrid-Vigo.
Data de defensa | 14/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Carlos Ulloa Sande Cotitoría: oscar castro alvarez |
Tribunal |
Presidencia: Ricardo Javier Bendaña Jácome Secretaría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo Vogalía: Diego Carou Porto |
Resumo | Este traballo de fin de grao céntrase no estudo da viabilidade de diferentes alternativas sostibles á motorización tradicional con queroseno. Para isto, elixiuse a ruta aérea entre o Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas e o Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador, por ser unha conexión de transporte que conecta á capital do país coa cidade máis grande de Galicia, ademais da vía máis rápida fronte ó tren ou ó automóbil. Co fin de enriquecer o contraste de resultados, cada opción sostible aplícase a tres aeronaves de diferentes tamaños e capacidades, que son o DHC6-400, ATR42-600 y A320neo. Primeiro partirase do caso orixinal, onde se obterán os consumos de combustible e emisións de gases contaminantes, para comparalos posteriormente coas outras vías. Despois iranse plantexando algunhas das diferentes posibilidades como o uso de biocombustibles, hidróxeno e a re-motorización eléctrica ou híbrida dos avións. En xeral, este proxecto mostra a grandes resgos a adaptación destas alternativas para a ruta e aeronaves de estudo, con isto preténdese poñer en consideración a posta en práctica de vías sostibles e en vóos domésticos. |