Secretaría Uvigo - Deseño de mecanismo de recollida, suxeición e entrega de paquetes de mensaxería para vehículo aéreo non tripulado de reparto de última milla

Deseño de mecanismo de recollida, suxeición e entrega de paquetes de mensaxería para vehículo aéreo non tripulado de reparto de última milla

AutoríaEmilio Hernández Pérez
Data de defensa27/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Pedro Orgeira Crespo
Tribunal Presidencia: Daniele Tommasini
Vogalía: Carlos Ulloa Sande
Secretaría: Jacobo Antonio Troncoso Casares
ResumoO sector do transporte non para de crecer e, máis aínda, impulsado polo comercio online. Millóns de paquetes trasládanse cada día no mundo entre distintos puntos da cadea e, parte deles, chegan ata o consumidor final. Pero a ineficiencia do último tramo é o que levou a diferentes compañías a buscar alternativas.

Un remedio aínda en fase de desenvolvemento e que estase empezando a introducir no sector é o uso de drons para transportar as mercadorías. Este proxecto estará enfocado ao deseño deste novedoso sistema de reparto. Analizaranse os modelos xa existentes creados por xigantes do transporte de mercadorías para realizar o deseño dun vehículo aéreo no ntripulado, en función das características que se queiran priorizar.

Ao UAV se lle incorporará un mecanismo con forma de caixa onde poder transportar os paquetes de mensaxería, previo estudo de tamaños e envíos dalgunhas compañías. Ademais, tamén se comprobará cómo pode afectar este dispositivo ao voo do dron, xenerando unha resistencia aerodinámica extra. O drag estudarase mediante dous métodos. En primeiro lugar, e como primeira aproximación, simularase o efecto a través do software Flow Simulation e, posteriormente, compararanse os valores cos obtidos dun ensaio en túnel de vento cun modelo a escala do deseño definitivo. Os resultados, como é esperado, diferirán lixeiramente entre un método e outro. Pese a elo, encontraranse entre os 11,5 y 15 N.

Por último, incluiranse unha serie de elementos no interior da caixa que faciliten a labor daquel que deba recoller un dos productos transportados polo dron. Todos eles deseñaranse durante o proxecto e intentarase automatizar ao máximo cada un destes artiluxios co uso de pezas activadas polo movemento dun sistema de motores e engrenaxes.
Volver