Fabricación e ensaio de modelo de baixos de tren e vía no contexto do voo de balastro
Autoría | César Amarelo Cazás |
Data de defensa | 29/07/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Carlos Ulloa Sande Titoría: Fermín Navarro Medina |
Tribunal |
Presidencia: Manuel Pérez Vázquez Secretaría: Guillermo David Rey González Vogalía: José Ramón Salgueiro Piñeiro |
Resumo | A raíz do crecente desenvolvemento da industria do ferrocarril nace o tren de alta velocidade, e con el novas problemáticas ligadas á aparición do mesmo. O fenómeno do levantamento de balastro é un dos máis importantes, o cal consiste no levantamento das partículas de balastro debido aos fluxos de aire producidos no espazo que separa a vía ca parte inferior do tren. Un resumo da bibliografía máis representativa e exemplificativa de este fenómeno resulta de gran interese podendo así abordar e relacionar os distintos estudos xa existentes acerca deste fenómeno. A prol desta problemática nace o interese en ensaiar e analizar distintos modelos e aspectos relacionados con este fenómeno, neste caso tratarase dun ensaio en túnel aerodinámico dun modelo de tren e vía. Para a realización deste ensaio será necesaria a fabricación e adaptación de todas aquelas pezas que conforman a xeometría representativa, con todas as dificultades técnicas que isto conleva; todo en busca da máxima similitude entre a xeometría do ensaio e o modelo. A realización do ensaio consiste na medición das velocidades caracterizando o campo fluido entre o a vía e o tren. Obtidas estas velocidades poderanse extraer os perfís de velocidades sobre o terreo, permitindo así o cálculo da fricción sobre o chan sendo este un aspecto vital na determinación de se as pedras serán ou non levantadas. Por outro lado, a comparativa dos datos do ensayo con simulacións mediante CFD pode resultar de gran interese e actuar como método de validación, resultado isto de gran axuda durante o proceso de extracción de conclusión |