Cancións Disney: do sexismo ao feminismo dentro das súas letras
Autoría | Alba Viñas Costa |
Data de defensa | 21/07/2021 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Joan Miquel Verges |
Tribunal |
Titoría: Joan Miquel Verges |
Resumo | O presente Traballo de Fin de Grao céntrase en analizar a linguaxe sexista que está presente nalgunhas das películas Disney máis populares e tradicionais, como Blancanieves y los siete enanitos, La Sirenita, La Bella Durmiente o La Bella y la Bestia. Prestarémoslle especial atención ao papel que desempeña Mulán nesta factoría, pois marca un antes e un despois en canto á concepción do papel da muller. Tras realizar unha análise da evolución do sexismo en Disney e tras centrarnos especificamente na película Mulán, realizaremos unha análise da letra dalgunhas das súas cancións para apreciar a ironía escondida nelas e ver como o tratamento do sexismo das épocas anteriores comeza a evolucionar ata o feminismo. Así mesmo, faremos unha comparación das versións orixinais das cancións coa súa respectiva tradución ao español co obxectivo de explicar as estratexias seguidas para manter e transmitir a mesma ironía, así como o tratamento do papel da muller e da linguaxe sexista. Finalmente, recopilaremos os puntos máis destacados da evolución do sexismo nas cancións de Disney e nas súas traducións. Palabras chave Cancións Disney, Disney, feminismo, linguaxe sexista, Mulán, sexismo lingüístico, tradución. |