Deseño preliminar dun helicóptero para operacións de rescate: modelado, dimensionado e estudo aerodinámico do rotor principal
Data de defensa | 01/07/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Guillermo David Rey González Cotitoría: María Concepción Paz Penín |
Tribunal |
Presidencia: Humberto Javier Michinel Álvarez Vogalía: Gloria María Pena Uris Secretaría: Fermín Navarro Medina |
Resumo | As misións de búsqueda e rescate en alta mar requiren unha acción rápida e efectiva, co obxectivo de salvar vidas en risco. Os helicópteros ofrecen un servizo crucial neste tipo de misións, sendo capades de chegar onde outras aeronaves non poden e de manterse en voo a punto fixo. Neste traballo realizase o deseño preliminar dun helicóptero de rescate en base aos parámetros e tendencias de deseño de helicópteros existentes, estudando ademáis a distribución de pesos e a selección da planta motora. Unha vez realizado o deseño, levarase a cabo un estudo aerodinámico analítico do rotor principal, e calcularanse as principáis actuacións do helicóptero. Ademáis, buscarase modelar o helicóptero mediante software de deseño asistido por ordenador e comprobar mediante dinámica de fluidos computacional que o comportamento do rotor e as interferencias coa fuselaxe en voo a punto fixo e en voo en avance, correspóndense con estudos teóricos. Finalmente, estudarase a capacidade do helicóptero de realizar misións de busqueda e rescate baseadas en misións reais, e compararase o seu uso respecto aos medios desplegados na realidade. Palabras clave: Helicóptero de rescate, dimensionado preliminar, análisis aerodinámico do rotor |