Modelado, simulación e ensaio do comportamento dun subsistema estructural dun CubeSat de 1U para a medición de radiación cósmica en órbitas LEO.
Data de defensa | 01/07/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome Cotitoría: Rafael Comesaña Piñeiro |
Tribunal |
Presidencia: María Beatriz Guitián Saco Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González Secretaría: Fernando Guillermo Isasi de Vicente |
Resumo | No presente TFG recóllense os procedementos necesarios para o modelado e posterior validación do subsistema estrutural dun CubeSat. Para iso, débese atender a unha serie de factores e restricións, que veñen determinadas por distintos aspectos. Por unha parte, o tipo de misión, que determina a órbita de operación do satélite e os elementos necesarios para a súa operación. En relación a iso, elíxese o vehículo lanzador, que proporciona as condicións relativas ás cargas e vibracións que debe soportar a estrutura durante a fase de lanzamento, a cal resulta ser a máis crítica. Por outra parte, débese prestar especial atención á normativa. Empregarase a CubeSat Design Specification (CDS), a Poly Picosatellite Orbital Deployer User Guide e a Normativa de Cooperación Europea para a Estandarización Espacial (ECSS), que proporcionan restricións relativas a aspectos mecánicos, de materiais ou de validación para os análisis. Deste modo, neste TFG especificaranse os aspectos nomeados anteriormente, realizarase o modelado da estrutura do CubeSat empregando un programa de deseño CAD, un software de análisis FEM, e o desenvolvemento de ensaios experimentais no shaker para a validación da estrutura. |