Análise das tarefas de mantemento de grandes avións de transporte e propostas de mellora.
Data de defensa | 01/07/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Carlos Ulloa Sande |
Tribunal |
Presidencia: María Beatriz Guitián Saco Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González Secretaría: Fernando Guillermo Isasi de Vicente |
Resumo | O traballo trata da evolución da propulsión e do mantemento aeronáutico, para asimilar o contexto que permitirá comprender a análise e as propostas de melloras nas tarefas supervisadas nunha organización de mantemento. Pártese da comprensión e planteamento de dúbidas de varios AMM (Manual de Mantemento de Aeronaves), ata a realización de entrevistas co persoal de diferentes departamentos para recompilar datos e comprobar en que aspectos se podería traballar e optimizar mediante a mellora do proceso. Os resultados obtidos deron lugar ás dúas propostas para presentar á empresa, unha relacionada coa mellora do control de inventario das ferramentas alugadas e a outra en relación coa comunicación entre departamentos. |