Optimización estructural no ámbito aeronáutico aplicada sobre un panel de fuselaxe con rixidización isogrid
Autoría | Sergio Gómez Vieira |
Data de defensa | 29/06/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Borja Conde Carnero |
Tribunal |
Vogalía: Higinio González Jorge Presidencia: Matías García Rivera Secretaría: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Resumo | Dende fai varios anos atrás, o peso das emisións asociadas á aviación civil na contaminación global levou, entre outros aspectos, á busca de solucións alternativas no deseño das aeronaves. Actualmente, un dos obxectivos principais de deseño consiste en minimizar, o máximo posible, o peso dos avións para así conseguir unha redución no consumo de combustible e, consecuentemente, na expulsión de gases contaminantes. Neste proxecto, preséntase a optimización estructural como unha técnica de cálculo que permite seleccionar, dentro dun conxunto de solucións posibles, o deseño que mellor responda a unha serie de condicións predefinidas. A optimización estructural desenvólvese a través de diversos algoritmos, moitos dos cales se aplican sobre compoñentes aeronáuticos co fin de reducir o peso dos mesmos sen afectar ás suas funcións e propiedades estructurais requiridas. Para isto, escolleuse como compoñente a optimizar un panel dun fuselaxe non convencional, cunha configuración de rixidización moi estudiada na actualidade, denominada como isogrid. En base a isto, tratouse a importancia que están adquirindo estas novas configuración de fuselaxe no ámbito aeronáutico actual. |