Adaptación de un motor diésel de automoción para unha aeronave lixeira tipo Piper Arrow IV
Data de defensa | 29/06/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Luis Rodríguez Pérez Titoría: Carlos Ulloa Sande |
Tribunal |
Vogalía: Higinio González Jorge Presidencia: Matías García Rivera Secretaría: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Resumo | No presente traballo desenvólvese a análise da posible adaptación dun motor diésel empregado no campo da automoción para o seu uso en aeronaves lixeiras de aviación xeral. Concretamente, o estudo involucra ao último motor diésel deseñado por Mercedes-Benz, o OM654, e detalla a súa adaptación para propulsar unha aeronave lixeira popular e de estendido uso como o Piper PA-28RT-201 Arrow IV. Ao largo do texto estúdase o comportamento do motor, principalmente atendendo a aquelas características que varían en función das condicións atmosféricas de traballo. É necesario recordar que unha planta motriz de automóbiles é deseñada para traballar a baixas altitudes e non entre 2000 e 5000 metros sobre o nivel do mar, tal e como opera unha aeronave. Por isto, analízase a variación do rendemento e o traballo do sobrealimentador, a eficiencia volumétrica, o arranque do motor e a combustión en función da altitude. Ademais, avalíanse e vólvense deseñar algúns dos sistemas auxiliares do motor necesarios para o seu correcto desempeño. Os principais son o sistema de refrixeración e unha caixa redutora empregada para axustar a velocidade de xiro do motor a aquela requirida pola hélice. Non obstante, existen outros puntos de interese como os sistemas anticontaminación usados nos motores actuais do sector automotriz, la variedade de carburantes que poden alimentar un motor de ignición espontánea ou a lubricación dos principais elementos mecánicos. Posteriormente, compárase o rendemento do propulsor utilizado orixinalmente pola aeronave e a opción alternativa proposta en actuacións de voo. O obxectivo é o de demostrar que este cambio permite reducir o consumo de combustible e aumentar o alcance e autonomía, diminuíndo os gastos en carburante. Finalmente, formúlase unha posible solución para a instalación do propulsor. A través desta proposta preténdese dar unha idea da localización do mesmo, así como dos elementos auxiliares principais dentro do habitáculo dedicado ao seu aloxamento. |