Análise estrutural probabilístico no ámbito aeronáutico aplicado sobre un panel de fuselaxe rixidizado
Data de defensa | 30/06/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Borja Conde Carnero |
Tribunal |
Presidencia: Analia María García Lourenco Vogalía: Arno Formella Secretaría: Antonio Ferriz Mas |
Resumo | Este Traballo de Fin de Grao consiste na realización dunha análise estrutural probabilístico ou estocástico para a fuselaxe dun avión co fin de estudar a probabilidade de fallo ou o índice de fiabilidade deste baixo determinadas condicións. Para iso, deseñouse unha porción da fuselaxe dun Boeing 707, o cal se someteu a dous casos de carga diferentes. Definíronse unha serie de entradas como variables aleatorias continuas que seguen unha distribución de probabilidade para introducir a incerteza á análise. Posteriormente, definíronse as funcións de estado límite relativas ao pandeo, aos deplazamentos e aos esforzos. Para a obtención dos resultados utilizáronse dous algoritmos de fiabilidade diferentes: First Order Reliability Method (FORM) e Directional Sampling (DS). Por último, estudáronse os resultados e comparáronse as probabilidades de fallo obtidas cos límites establecidos pola normativa de EASA relativa a grandes avións. Palabras clave: ? Análise estrutural probabilístico ? Variables aleatorias ? Función de estado límite ? Probabilidade de fallo ? FORM ? DS |