Adaptación das instalacións dun complexo deportivo co obxectivo de cero emisións, mediante a implementación de medidas de eficiencia e o subministro eléctrico con tecnoloxía fotovoltaica.
Autoría | Damián Muiño Bello |
Data de defensa | 22/04/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Eléctrica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Bernardo José Parajo Calvo |
Tribunal |
Vogalía: Carlos Garrido Suárez Secretaría: Blanca Nieves Miranda Blanco Presidencia: José Fernando Manzanedo García |
Resumo | O requisito de deseño esencial deste proxecto é a consecución dun complexo deportivo libre de emisións derivadas do consumo de enerxía eléctrica. Para lograr este obxectivo, antes de abordar o deseño da instalación xeradora fotovoltaica, identifícanse accións conducentes á mellora de eficiencia enerxética co fin de reducir o consumo do complexo, o que permitirá o cumprimento do obxectivo cunha instalación fotovoltaica de menor tamaño e investimento. O proxecto divídese en dúas partes principais. A primeira delas consiste en mellorar a eficiencia enerxética en canto aos consumos eléctricos da instalación. Para isto, realizarase a substitución da iluminación que non sexa de tecnoloxía LED por unha que si o sexa, eliminaranse os consumos que obteñan enerxía térmica directamente por medio de resistencias empregando outras tecnoloxías e reduciranse o resto de consumos empregando, por exemplo, sistemas de control de humidade para o sistema de regadura dos terreos de xogo. En canto á instalación xeradora, realizarase o cálculo dunha instalación illada da rede estudando os distintos sistemas de xeración posibles como son o uso de xeración fotovoltaica e/ou eólica e calcularanse tanto todos os elementos de protección da instalación xeradora como os elementos para transformar a enerxía producida polos sistemas de xeración e transporte ata a instalación consumidora. Este proxecto plantéxase cun obxectivo netamente ambiental, polo que os indicadores económicos están supeditados á consecución daquel requisito de deseño. Aínda así, o proxecto inclúe un estudo económico de nivel básico, que achega un elemento de análise complementario, comparando o custo enerxético actual co aforro que se terá pola implantación das medidas de eficiencia e o abastecemento integramente con fontes propias de enerxía renovable. |