Deseño mecánico dun travelift para as lanchas de instrucción
Autoría | Miguel Ángel Navarro Atienza |
Data de defensa | 22/03/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín |
Dirección |
Titoría: Carlos Casqueiro Placer |
Tribunal |
Presidencia: Arturo González Gil Secretaría: Iván Puente Luna Vogalía: Carlos Pérez Collazo |
Resumo | O presente proxecto ten por finalidade a elaboración dunha proposta de deseño mecánico dun travelift para as lanchas de instrución que se atopan situadas na Escola Naval Militar. Desta forma, contando cun sistema de varada para as lanchas de instrución como o proposto lograrase dar capacidade á Escola Naval Militar de sacar da auga as súas propias lanchas de instrución para así poder realizar os mantementos requiridos ou as reparacións que sexan necesarias. Para a realización do presente proxecto realizarase o cálculo, modelado, deseño e verificación da estrutura dun travelift para unha lancha de instrución, polo que se realizarán os cálculos necesarios para determinar as características básicas do travelift (dimensións, potencia necesaria, lonxitude das eslingas,etc.) cumprindo en todo momento coa normativa aplicable en vigor. Despois de definir as características básicas e os esforzos aos que estará sometido a estrutura, realizarase o seu deseño usando un software de modelado de 3D. Posteriormente levará a cabo o estudo de esforzos da estrutura mediante a análise por elementos finitos. |