A volta da xubilación forzosa nun novo contexto normativo
Data de defensa | 19/02/2021 |
Titulación | Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos |
Centro | Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo |
Dirección |
Titoría: Jaime Cabeza Pereiro |
Tribunal |
Titoría: Jaime Cabeza Pereiro |
Resumo | Resumo: O goberno estableceu, de novo, a xubilación forzosa como un instrumento adecuado para impulsar o relevo xeracional no mercado de traballo, sempre que se cumpran unha serie de requisitos que posibiliten acollerse a este tipo de xubilación. Porén, a expulsión dos traballadores de maior idade ou tamén denominados ?maduros? suscitou gran controversia, xa que este feito non implica necesariamente a contratación equivalente de empregados máis novos. A vontade deste estudo é analizar o impacto da utilización da xubilación forzosa como ferramenta para acadar a renovación interxeracional do mercado de traballo á que facemos referencia no parágrafo anterior, así como facer latente as zonas grises legais que derivan do seu uso. A potencialidade discriminatoria por razón de idade deste tipo de xubilación é o eixo central deste traballo. Confróntase a vital importancia da transición xeracional dentro do mercado de traballo para non caer na obsolescencia máis absoluta fronte á expulsión dos traballadores de máis idade con gran experiencia e suficientemente capacitados para seguir realizando a súa labor ata a idade ordinaria de xubilación ou superior. Ao longo do traballo, para conseguir obter unha visión panorámica deste fenómeno, analizáronse tanto os conceptos legais como xurisprudenciais e doutrinais que se deben cumprir para encadrarse nun suposto de xubilación forzosa, a perspectiva deste instrumento en relación coa protección social e o desenrolo deste mecanismo e a súa implantación ao longo do tempo. Todo o traballo foi orientado a conformar unha serie de conclusións sobre diferentes aspectos como a discriminación por razón de idade dentro do mercado de traballo, a vinculación que ten a xubilación forzosa coas políticas de emprego ou a imperante necesidade da protección dos traballadores maduros, entre outros. Palabras clave: Discriminación por razón de idade. Negociación colectiva. Idade de xubilación. Xubilación forzosa. Políticas de emprego. Traballadores de idade madura. |