A educación sexual na diversidade funcional. Adolescentes con TEA
Data de defensa | 16/10/2020 |
Titulación | Grao en Educación Social |
Centro | Facultade de Educación e Traballo Social |
Dirección |
Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez |
Tribunal |
Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez |
Resumo | Este traballo xorde da necesidade de dar a coñecer as dificultades que sofren a diario as persoas con diversidade funcional no seu contexto, en relación coa súa sexualidade. Na actualidade, a sexualidade aínda se considera unha realidade tabú na nosa sociedade, unha condición que aumenta se falamos da sexualidade das persoas con diversidade funcional (concretamente das persoas con TEA), polo que é necesario visibilizala. Polo tanto, a través dunha investigación documental e acompañada dunha proposta de intervención, exporase a necesediade de ofrecer unha educación sexual adecuada para adolescentes con TEA, co fin de lograr o seu desenvolvemento psicosexual completo e a igualdade social completa. Palabras chave: sexualidade, educación secual, adolescencia, TEA. |