Secretaría Uvigo - Inserción en órbita de Júpiter dun vehículo espacial tetherizado

Inserción en órbita de Júpiter dun vehículo espacial tetherizado

AutoríaMarco Casanova Álvarez
Data de defensa29/07/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Daniele Tommasini
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Vogalía: Higinio González Jorge
Secretaría: Carlos Ulloa Sande
Presidencia: Arno Formella
ResumoNeste traballo estúdase a inserción orbital dun vehículo tetherizado, o cal significa que leva embarcado un ou mais tethers. Dito dispositivo é un cable ríxido e condutor, que neste traballo empregarase para interactuar co ambente de Xúpiter, producindo forzas electrodinámicas que se poderán empregar con fins propulsivos.

Tras haberse analizado as publicacións existentes ata esta data, crearase un modelo fiel, baseado nos datos recollidos en anteriores misións a Xúpiter e estudiarase a transferencia interplanetaria necesaria previa á inserción, empregando software da Nasa e o paquete Poliastro de Python.

Unha vez definidas as condicións iniciais e de contorno do problema, procederase a estudar a inserción orbital empregando programas escritos en Python. Se empregará o método variacional de Gauss para estudar a variación temporal dos elementos orbitais, primeiro con elementos keplerianos e mais tarde con elementos equinocciais modificados.
Múltiples combinacións de masas e de lonxitudes de tether, correspondintes a diferentes vehículos serán analizadas ao largo do traballo.

Finalmente, estudiarase a variación dos elementos orbitais nas sucesivas órbitas posteriores á captura para ver o efecto do tether electrodinámico unha vez se produce a inserción orbital.

En xeral, neste traballo preséntase unha análise das lonxitudes de tether necesarias para o emprego desta tecnoloxía nunha captura, expóndose tódolos efectos que se producen e analizándose a sua viabilidade.
Volver