Medición de deformacións de fuselaxes de aeronaves empregando sistemas de escaneado 3D embarcados en UAV
Autoría | Enrique Aldao Pensado |
Data de defensa | 26/06/2020 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Higinio González Jorge |
Tribunal |
Presidencia: María Beatriz Guitián Saco Secretaría: Guillermo David Rey González Vogalía: Diego Carou Porto |
Resumo | No sector da aviación comercial, para garantir a seguridade, é preciso comprobar periodicamente que os fuselaxes das aeronaves non sufran danos. Dado o seu gran tamaño, a inspección é complicada e requírese de estructuras como grúas ou andamios, que suponen un risco para os operarios. O propósito deste proxecto é determinar a viabilidade do emprego de escáneres tridimensionais embarcados en UAV para detectar esta clase de desperfectos. Deste xeito, poderíanse realizar as tarefas de inspección con maior eficiencia sen ningún tipo de risco para o persoal de mantemento. Para o proxecto, empregáronse diferentes tipos de tecnoloxías, como a reconstrucción por fotogrametría e os sensores LIDAR. Caracterizouse a precisión e exactitude destes equipos en varios tipos de superficies. Tamén se determinaron as potenciais fontes de erro e dictaminouse que tecnoloxía é a máis apropiada para diferentes aplicacións. Todas estas probas realizáronse en condicións estáticas de laboratorio nas que non se tiveron en conta a influencia dos movementos e vibracións do UAV. A idea inicial para esta parte do proxecto, era realizar comprobacións experimentais, pero debido á crise sanitaria, tívose que adoptar un enfoque teórico. Deseñáronse simulacións e realizáronse cálculos para comprobar a influencia das perturbacións do UAV nas medidas dos diferentes sensores. |