Diseño de útiles flexibles de mecanizado de pezas metálicas para programas de baixa cadencia.
Data de defensa | 26/06/2020 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Carlos Campos Garrido |
Tribunal |
Presidencia: María Beatriz Guitián Saco Secretaría: Guillermo David Rey González Vogalía: Diego Carou Porto |
Resumo | O seguinte proxecto de fin de grao explica os diferentes estudos realizados no deseño de útiles de mecanizado para a fabricación dunha serie de pezas para a base dos motores do avión Airbus C-295. O proxecto abrangue desde unha primeira análise do estado da arte para a fabricación de pezas metálicas cunha fresadora de control numérico computarizado (CNC) para producións de baixa cadencia. Ata a explicación do deseño feito para os útiles. Para comprobar o deseño, realízase un prototipo usando impresión 3D por inxección de plástico. Ademais, tamén se explica como é cada un dos amarres destes útiles coas pezas a fabricar. Finalmente, co obxectivo de garantir a viabilidade do deseño das ferramentas, estúdase o proceso de fabricación coa axuda do software CATIA V5. Ademais, realízase unha análise dos custos non recorrentes do proxecto. Palabras chave: deseño, útiles, CNC, CAD, CAM. |