Validación dun modelo teórico de posicionamento de drons para interiores baseado en tags pasivos
Data de defensa | 23/06/2020 |
Titulación | Máster Universitario en Operacións e Enxeñería de Sistemas Aéreos non Tripulados |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Guillermo David Rey González |
Tribunal |
Secretaría: Higinio González Jorge Presidencia: Carlos Ulloa Sande Vogalía: Joaquín Martínez Sánchez |
Resumo | O presente traballo fin de mestrado encáixase no estudo dunha solución aérea e autónoma para o aprovisonamento de pezas pequenas e lixeiras ao posto de traballo, dentro dunha fábrica de produción industrial (concretamente, no caso dunha empresa de montaxe de ordenadores). A utilización de vehículos aéreos autónomos dentro do campo da loxística ten sido obxecto dun extenso estudo no ámbito científico ao longo dos últimos anos; ademais, importantes multinacionais están a realizar proxectos para a entrega de ?última milla?. Unha porcentaxe moito menor da bibliografía está dedicada á entrega no ámbito dun recinto pechado baixo teito, onde a localización non pode realizarse por medio de GPS. Este estudo parte dun problema concreto: a necesidade de entrega rápida ao posto de traballo do operario de pequenas e lixeiras pezas de ordenadores (PC e portátiles) onde as distancias ao almacén son significativas. Proponse unha solución de subministración baseada en dron autónomo cunha barqueta de transporte. Estúdanse as posibilidades de localización en interiores para propoñer unha solución, indicando os elementos a utilizar. Palabras clave: dron, aprovisionamento, localización en interiores |