Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
Indicadores de internacionalización elaborados polo Sistema Integrado de Información Universitaria-SIIU. Defínese internacionalización dacordo cos seguintes termos utilizados pola UNESCO-OCDE-EUROSTAT:
Credit mobility: mobilidade referida a un período de tempo limitado co obxectivo de realizar estudios nun país estranxeiro co propósito de gañar créditos académicos que serán recoñecidos na universidade de orixe. Exemplo: programa de mobilidade Erasmus.
Degree mobility: mobilidade a longo prazo do alumnado que vai a unha universidade doutro país a cursar unha titulación completa, estando por tanto matriculado de forma ordinaria na dita universidade estranxeira.
Alumnado internacional: aquel que se incorpora ao sistema universitario español para realizar estudos e cuxa residencia habitual está establecida noutro país.
Inclúe tanto o alumnado de programas de mobilidade (Credit mobility), coma os que contan con matrícula ordinaria (Degree mobility).
Alumnado estranxeiro: alumnado matriculado na universidade con nacionalidade estranxeira.
Os indicadores relativos á matrícula por procedencia xeográfica e mobilidade poden atopalos nos apartados correspondentes deste Portal de Transparencia, nos seguintes enlaces: matrícula por procedencia xeográfica e mobilidade.
Evolución_internacionalización ( xlsx)
2022_2023_internacionalización ( xlsx)
2021_2022_Internacionalización ( xlsx)
2020_2021_Internacionalización ( xlsx)
2019_2020_Internacionalización ( xlsx)
2018_2019_Internacionalización ( xlsx)
2017_2018_Internacionalización ( xlsx)
2016_2017_Internacionalización ( xlsx)
2015_2016_Internacionalización ( xlsx)