Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

Os retos actuais e futuros das universidades en materia de xestión, rendición de contas, boa gobernanza e calidade do servizo prestado fan imprescindible unha xestión da información que transforme eficazmente os datos dispoñibles en información útil e fiable.

UVIGODAT, constitúe na Universidade de Vigo a resposta a esta necesidade. Un sistema integrado, automatizado e con información suficiente a través dunha aplicación informática segura, accesible e adaptable que da resposta as necesidades de explotación de datos actuais e futuras.

A xestión e explotación do sistema se realiza de xeito centralizado a través dun procedemento estruturado en roles e áreas de actividades que estarán en continuo crecemento, e que nun futuro cercano será complementado cunha plataforma de Datos Abertos.

A Unidade de estudos e programas, conxuntamente cos Servizos informáticos son os responsables do impulso, coordinación e garantía do cumprimento dos obxectivos que a Universidade estableza ao respecto, e que en todo caso dará resposta ás necesidades do Sistema de Garantía de Calidade da Universidade, ao procedemento de Contratos-programa de centros e aos indicadores asociados aos distintos programas de calidade que se definan.