Descrición | Neste volume, xurdido ao abeiro do proxecto de investigación FFI2015-64107-P (MINECO-FEDER, UE) proponse un achegamento á narrativa breve que, dende o Romanticismo ata o comezo do século XX, reescribe o tempo de Juan II de Castela. Os relatos desta selección non se volveron a imprimir, na meirande parte dos casos, dende que viron a luz no século XIX; de ahí o interese dos mesmos e a necesidade de plantexar, canda eles, algunhas consideracións xerais sobre uns textos que, no seu día, devolveron aos lectores da época a imaxe dunha Idade Media reescrita á medida da súa propia estética. |