Secretaría Uvigo

A máquina que só podía sumar xa é quen de argallar. Como funcionan por dentro as intelixencias artificiais.

portada
CategoríaMiscelánea. Serie de textos misceláneos
ISBN/ISSN978-84-1188-132-6
DOIhttps://doi.org/10.35869/1188.1326
Número de serie
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2026
Número páxinas426
Prezo15.00 €
LicenzaCC BY-NC-ND 4.0
Autores Ivan C. Area Carracedo,
Manuel Caeiro Rodríguez,
Arno Formella
DescriciónUn día calquera, nunha aula, alguén pregunta: como fai a calculadora do teléfono para darche a raíz cadrada de dous nun pestanexo, se dentro do aparello só hai sumas? O libro empeza por aí e explica o mecanismo que o fai posíbel de xeito sinxelo, sen trampa nin cartón.
Como adoita pasar, cada resposta abre novas preguntas. Como entran na máquina as letras, as cores e o son? Como se converte unha palabra nun punto dun mapa que ninguén debuxou? Que significa «aprender» cando o único que cambia son números? Que é a atención, a peza que en 2017 o cambiou todo? E por que estes programas mencionan libros e artigos que nunca se escribiron coa mesma seguridade que os existentes?
O libro responde a estas preguntas sen saltos e sen dar nada por sabido, ata chegar ás intelixencias artificiais que escriben, conversan e, ás veces, inventan. Non fai falta saber programar nin lembrar as matemáticas do instituto: abonda con saber sumar, restar, multiplicar e dividir. E con ter curiosidade. Cada conta pódese facer a man na marxe da páxina. Os cadros de cores permiten lelo a varias velocidades, desde a idea en palabras sinxelas ata o chanzo máis técnico. Máis de trinta exercicios, cada un coa súa resposta razoada, convidan a comprobalo pola túa conta.
Escrito e pensado orixinalmente en galego, o libro mide tamén o que lle custa á nosa lingua este novo xeito de ler e escribir. E explica por que cada texto público en galego conta.
Ao final, a máquina non resulta máxica nin pensante, senón algo máis interesante: unha montaña de operacións moi simples que produce algo que se parece moito a pensar sen selo. E queda unha pregunta que xa podes responder ti: como é quen de argallar todo isto?
Documentos
Atrás