Secretaría Uvigo

O fenómeno da seca. Identificación, atribución e perspectivas futuras nun clima cambiante.

portada
CategoríaMonografías. Serie Científico-Tecnolóxica (Banda Azul)
ISBN/ISSN978-84-1188-131-9
DOIhttps://doi.org/10.35869/1188.1319
Número de serie38
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2026
Número páxinas117
Prezo10.00 €
Licenza© Todos os dereitos reservados
Autores Milica Stojanovic,
Albenis Pérez Alarcón,
Rogert Sorí Gómez
DescriciónEste libro presenta unha visión integrada do fenómeno da seca, abordando os seus fundamentos conceptuais, os principais tipos de seca e os mecanismos que explican a súa propagación desde a atmosfera cara ao solo, os recursos hídricos, os ecosistemas e a sociedade. Nel analízanse os factores naturais e antropoxénicos que condicionan a súa aparición, evolución e severidade, así como os principais indicadores e índices empregados para a súa identificación, cuantificación e monitorización. Ademais, examínanse a evolución e a variabilidade das secas ao longo do tempo, preséntanse algúns dos episodios históricos máis relevantes e analízanse os seus impactos ambientais, económicos e sociais. Faise especial fincapé no papel do cambio climático e da crecente presión humana sobre os recursos hídricos, así como nas proxeccións futuras e nas estratexias de adaptación, planificación e xestión do risco.
Esta monografía pretende ofrecer unha síntese actual e accesible do coñecemento científico sobre a seca, servindo como obra de consulta para alumnado universitario, persoal investigador, profesionais das ciencias ambientais e climáticas e, en xeral, para todas aquelas persoas interesadas na comprensión, análise e xestión deste complexo fenómeno hidroclimático.
Atrás