Problemas resoltos de álxebra linear. Da teoría á práctica mediante métodos e aplicacións.
| Categoría | Manuais (Banda Verde) |
| ISBN/ISSN | 978-84-1188-128-9 |
| DOI | https://doi.org/10.35869/1188.1289 |
| Número de serie | 98 |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2026 |
| Número páxinas | 291 |
| Prezo | 10.00 € |
| Licenza | © Todos os dereitos reservados |
| Autores |
Francisco J. Fernández Fernández, Ramón González Rodríguez |
| Descrición | Problemas resoltos de álxebra linear nace coa finalidade de ofrecer ao alumnado unha ferramenta de apoio clara, rigorosa e accesible para a aprendizaxe dunha materia fundamental na formación científica e tecnolóxica. O seu enfoque baséase na convicción de que a comprensión da álxebra linear require non só coñecer os seus conceptos e resultados teóricos, senón tamén desenvolver a capacidade de aplicalos na resolución de problemas. Ao longo de oito capítulos, o libro percorre os principais contidos dun curso de álxebra linear: números complexos; matrices e determinantes; sistemas de ecuacións lineares; espazos vectoriais e aplicacións lineares; diagonalización e funcións de matrices; espazos vectoriais con produto escalar; formas cuadráticas; e, finalmente, valores singulares, pseudoinversas e mínimos cadrados. Cada capítulo combina unha breve presentación dos conceptos e resultados necesarios cunha ampla selección de problemas resoltos. As solucións desenvólvense de maneira detallada e razoada, procurando facer explícitos non só os cálculos, senón tamén as ideas e os métodos que conducen a eles. En determinados casos preséntanse, ademais, diferentes vías de resolución, favorecendo a comparación de estratexias e unha comprensión máis profunda das técnicas empregadas. Máis que unha simple colección de exercicios, este libro pretende fomentar unha aprendizaxe activa da álxebra linear. O seu obxectivo é acompañar o alumnado no proceso de pasar da teoría á práctica, axudándoo a adquirir autonomía na resolución de problemas e a consolidar, mediante o razoamento e a práctica, os conceptos fundamentais da materia. |