O legado de Arquímedes: Vida e obra do xenio de Siracusa coas traducións ao galego de Sobre os corpos flotantes e Arenario
| Categoría | Monografías. Serie Científico-Tecnolóxica (Banda Azul) |
| ISBN/ISSN | 978-84-1188-123-4 |
| DOI | https://doi.org/10.35869/1188.1234 |
| Número de serie | 37 |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2026 |
| Número páxinas | 128 |
| Prezo | 11.00 € |
| Licenza | © Todos os dereitos reservados |
| Autores |
José Nicanor Alonso Álvarez, Raúl Gómez Pato, Miguel Ángel Mirás Calvo |
| Descrición | O legado de Arquímedes achégase á figura e obra dun dos grandes pensadores da Antigüidade e un dos nomes fundamentais na historia da ciencia. De todos é ben coñecida a anécdota da coroa do rei Xelón, co sabio saíndo espido do baño para percorrer as rúas de Siracusa berrando Eureka! logo de descubrir o principio que leva o seu nome, ou a queima das naves romanas que asediaban a cidade concentrando nelas con espellos a calor dos raios do Sol, por non contar a súa morte, incapaz de obedecer ao soldado que o ameazaba por estar pendente dos debuxos das súas investigacións. Pero a importancia de Arquímedes vai moito máis aló, sendo considerado hoxe o científico máis importante do mundo antigo. Neste libro, a través dunha mirada que combina historia, ciencia e divulgación, detallamos a vida do sabio de Siracusa situando as súas achegas no contexto cultural da súa época, explicando ideas sobre a medida e o cálculo, o equilibrio, as máquinas, os centros de gravidade e os corpos flotantes, así como a maneira de razoar que anticipou conceptos que tardarían séculos en alcanzar a súa plena madurez. Unha parte esencial do volume está dedicada a achegar ao lector traducidos ao galego dous textos fundamentais da súa obra, un no eido da Física e o outro no das Matemáticas, titulados Sobre os corpos flotantes e Arenario. O primeiro constitúe unha das obras fundacionais da hidrostática, mentres que o segundo está considerado o primeiro libro de divulgación científica da historia. En resumo, o lector atopará neste texto unha invitación a coñecer a ciencia antiga e, ao mesmo tempo, a descubrir ata que punto o pensamento de Arquímedes segue formando parte da ciencia de hoxe. |