Os tileiros sen follas. A literatura alemá en Galicia: recepción, afinidades, ecos e influencias (dos albores do século XX á actualidade)
| Categoría | Fóra de colección |
| ISBN/ISSN | 978-84-1188-107-4 |
| DOI | https://doi.org/10.35869/1188.1074 |
| Número de serie | |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2026 |
| Número páxinas | 500 |
| Prezo | 23.00 € |
| Autores |
Francisco M. Mariño |
| Descrición | O obxecto de estudo deste traballo é presentar a relación que os autores galegos (con obra en galego, aínda que se inclúa tamén a súa produción en castelán, se a tivesen, para así posibilitar unha visión totalizadora) gardan coa literatura en lingua alemá a partir do século XX, quer de xeito consciente (imitación, citación, erudición...), quer inconsciente ou non plenamente consciente (influencia, afinidade, analoxía...), e, nos casos nos que fose posible, expor a orixe desa relación. Neste sentido, o presente libro está relacionado co anterior Baixo dos tileiros (2019), que abrangue das orixes da literatura alemá ata o Naturalismo. Agora, o presente traballo comeza co chamado ‘Cambio de Século’, é dicir, co paso do XIX ao XX, e chega ata a actualidade. Trata, por tanto, da literatura máis próxima a nós, tanto alemá como galega. A presenza da literatura alemá entre os nosos escritores é máis significativa do que se podería pensar, e non só ao tratar con escritores tan universalmente recoñecidos como Rilke, Kafka ou Brecht, senón tamén con autores hoxe completamente descoñecidos no noso país –e mesmo no mundo xermano–, en moitos casos, debido á filiación política que os exaltou nun tempo que é mellor esquecer. Non podemos deixar de lado as traducións, que son moitas veces a canle de chegada da literatura alemá, as máis das veces, en castelán, aínda que ultimamente empecen a ser significativas as vertidas ao galego. As traducións erradas dan pé moitas veces a malas interpretacións por parte dos nosos autores, que tratamos de sinalar cando nos é posible. Cremos que o conxunto do libro abarca unha mostra, se non exhaustiva, si, polo menos, absolutamente significativa da pegada que deixou a literatura alemá nos escritores de noso, cuxo estudo debería terse en conta. |