Secretaría Uvigo

Aprendizaxe cooperativa na Universidade e en diferentes contextos. Voces dende a experiencia.

portada
CategoríaMiscelánea. Serie de textos misceláneos
ISBN/ISSN978-84-1188-086-2
DOIhttps://doi.org/10.35869/1188.862
Número de serie
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2025
Número páxinas190
Prezo12.00 €
Autores Almudena Alonso-Ferreiro,
Isabel Mociño-González,
Breogán Rioboó-Lois,
María Ainoa Zabalza Cerdeiriña
DescriciónUnha boa parte do profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, na Universidade de Vigo, leva un tempo transitando cara a metodoloxías alternativas, máis activas e participativas, na súa docencia universitaria. Este camiño comezou co deseño e posta en práctica dun proxecto piloto de innovación docente que buscou primeiro formar o profesorado para despois poñer en práctica, nas respectivas aulas universitarias, a aprendizaxe cooperativa como fío vertebrador de todas as titulacións de grao presentes na Facultade.
Tras afrontar este desafío, unha parte do profesorado que iniciou aquel camiño, xunto con outro de nova incorporación no centro e/ou no emprego da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa, comparte as súas experiencias en materias de grao de distintas áreas de coñecemento.
Este volume presenta, por unha parte, unha achega histórica á contextualización da aprendizaxe cooperativa e, pola outra, as aportacións tanto de profesorado doutras universidades e niveis educativos, que contribuíron coas súas experiencias a enriquecer o proceso formativo do profesorado da nosa facultade, como as propias experiencias do profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social, que achega o processo de aplicación da aprendizaxe cooperativa nas diferentes materias e graos universitarios nos que imparte docencia.
Con esta obra buscamos contribuír ao impulso das metodoloxías activas e, particularmente, da aprendizaxe cooperativa no ámbito da educación superior. Agardamos que estas experiencias sirvan de inspiración para outros profesionais e institucións académicas que queiran explorar vías de innovación docente que melloren o proceso de ensino-aprendizaxe.
Atrás