A escola ao aire libre. Repensando a contorna para unha aprendizaxe activa e sostible.
| Categoría | Monografías. Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais (Banda Vermella) |
| ISBN/ISSN | 9788411880756 |
| DOI | https://doi.org/10.35869/1188.756 |
| Número de serie | 132 |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2025 |
| Número páxinas | 108 |
| Prezo | 12.00 € |
| Autores |
Roberto Silva Piñeiro |
| Descrición | Nun momento no que a escola está sendo castigada por problemáticas como a hostilidade dixital, a rixidez organizativa e burocrática, a menor implicación familiar, e o rexeitamento de pedagoxías experiencias, son necesarios modelos educativos alternativos. Esta situación, sumada á sobreprotección da aula interior, promove a desconexión da escola coa sociedade, co medio ambiente e coa contorna, limitando o desenvolvemento integral e a capacidade reflexiva desde as primeiras idades. Malia ao maior acceso a recursos, existe certa sensación de escola pechada. O texto ofrece información valiosa para un modelo educativo ao aire libre, holístico, flexible e actualizado, explorando na súa historia e fundamentos. Expóñense estratexias de implementación e planificación, incorporando exemplos para unha escola inclusiva. Destácanse elementos que promoven a autonomía, a seguridade, e a colaboración cos ecosistemas locais, enriquecendo a experiencia educativa. Ademais, o texto reflexiona sobre o enfoque pedagóxico do aire libre e os espazos abertos como promotores do benestar físico, mental, emocional e social dos estudantes e da comunidade educativa. Esta perspectiva, practicada globalmente durante anos, intégrase de forma natural no currículo, fomentando a exploración e o xogo. Destácanse os seus beneficios e potencialidades, tanto na mellora da saúde e a integración social, como no rendemento académico e no enriquecemento dos aprendizaxes significativos. |