Investigacións en Comunicación: Actas das X xornadas de doutorandos/as en Comunicación
Categoría | Actas de congresos (Banda Amarela) |
ISBN/ISSN | 9788411880299 |
Número de serie | 81 |
Formato | 17 x 24 cm |
Ano de edición | 2024 |
Número páxinas | 156 |
Prezo | 5.00 € |
Autores |
Ana Mª Amorós Pons, Beatriz Rodríguez Rodríguez |
Descrición | Esta publicación compila as investigacións presentadas nas X Xornadas de Doutorandos/as organizadas polo Programa de Doutoramento en Comunicación da Universidade de Vigo. Neste encontro científico o estudantado do programa amosa a súa contribución no eido da comunicación dende diversas perspectivas. Os temas tratados son o acercamento ao estudo da linguaxe política desde a perspectiva académica xermánica; a tradución das palabras malsoantes ou insultos no subtitulado; a comunicación de marcas en canais dixitais no norte de Portugal e Galicia; a formación superior en accesibilidade aos medios no Cono Sur de América; a incivilidade e o discurso de odio no Reddit en Portugal; os mapas en tres xornais portugueses desde unha perspectiva xeográfica; a evolución da publicidade institucional nos municipios de Galicia nos anos 2014 a 2023; o mercado do refalado en Portugal; e a comunicación e transparencia dos municipios portugueses en relación coa confianza dos cidadáns. |