Introdución á programación en Linguaxe C
Categoría | Manuais (Banda Verde) |
ISBN/ISSN | 9788411880343 |
Número de serie | 92 |
Formato | 17 x 24 cm |
Ano de edición | 2024 |
Número páxinas | 139 |
Prezo | 10.00 € |
Autores |
Mª Xosé Lado Touriño, Leandro Rodríguez Liñares, Pedro Cuesta Morales, Arturo José Méndez Penín, Xosé Antón Vila Sobrino |
Descrición | A programación é fundamental para o desenvolvemento de aplicacións cun impacto elevado en diferentes sectores, como a saúde, a educación ou as finanzas. Na actualidade, a demanda de profesionais con competencias no desenvolvemento de ferramentas software ten experimentado un aumento significativo. Deste xeito, a programación convértese nunha habilidade esencial para o estudantado de diversas Enxeñarías, como pode ser a Enxeñaría Informática, que estará capacitado para a creación de software e solucións tecnolóxicas para problemas de diferente natureza. Ademais, se fomenta tamén o pensamento crítico, a creatividade e a capacidade de innovación. Unha das linguaxes máis amplamente empregadas para a aprendizaxe de programación é C++, linguaxe de propósito xeral que prepara ao estudantado para enfrontar desafíos no mundo real, e proporciona as ferramentas necesarias para o desenvolvemento de aplicacións robustas e eficientes. Neste libro preséntanse os fundamentos da programación procedimental en C++. O enfoque é eminentemente práctico, e inclúe numerosos exemplos de código explicados, así como exercicios ao remate de cada capítulo. Abórdanse con detalle diferentes contidos, dende os conceptos máis básicos, como a terminoloxía empregada en tarefas de programación ou a definición de variables e constantes, ata temas máis avanzados, como o manexo de arquivos, a xestión dinámica de memoria, ou o tratamento de cadeas de caracteres, a programación estruturada, os vectores ou as matrices. Preténdese que os contidos estudados permitan unha aprendizaxe sinxela desta linguaxe de programación, de xeito que se facilite unha posterior transición a outras linguaxes de programación, como Java o Python. |