A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego
Categoría | Materiais Lingüísticos |
ISBN/ISSN | 9788481580251 |
Número de serie | 14 |
Formato | 17 x 24 cm |
Ano de edición | 2024 |
Número páxinas | 135 |
Prezo | 10.00 € |
Autores |
Reyes Rodríguez Rodríguez |
Descrición | Nesta monografía de natureza sociolingüística tracéxase, a través da mocidade da Limia Baixa, a situación actual da súa lingua mais as actitudes e prexuízos que afloran nesta comunidade. A Limia Baixa é unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O seu galego presenta unha situación particular, xa que existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega en todos os ámbitos e niveis da vida. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos seus trazos dialectais e, por suposto, nas actitudes que os falantes teñen debido a esta situación. A través dos mozos e mozas baixolimegas investígase a posición do galego, o compromiso coa súa lingua no presente e no futuro e tamén a presenza e defensa da súa variedade dialectal. Amais, afóndase nas actitudes cara á súa propia variedade dialectal a través dos dous fenómenos máis representativos do seu galego: a gheada mais o mantemento de sibilantes sonoras. Manexar datos moi actuais e de períodos diferentes permite avaliar tanto os comportamentos lingüísticos antes, durante e despois da pandemia de Covid 19, coma as repercusións que esta tivo en relación á lingua galega entre a propia mocidade baixolimega no eido das TIC: as redes sociais, as videoconferencias e a mensaxería instantánea como o WhatsApp. Deste xeito, obtense unha radiografía actual da realidade sociolingüística dos/as limiaos/ás mozos/as, que permite enxergar o futuro do galego nesta área con optimismo. |