Ferramentas da análise económica. Unha introdución
Categoría | Monografías. Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais (Banda Vermella) |
ISBN/ISSN | 9788411880176 |
Número de serie | 128 |
Formato | 17 x 24 cm |
Ano de edición | 2024 |
Número páxinas | 72 |
Prezo | 6.00 € |
Autores |
Raquel Fernández González, Marcos I. Pérez Pérez, María Dolores Garza Gil |
Descrición | O obxectivo deste volumen consiste en dar a coñecer as ferramentas e técnicas básicas das que dispoñemos para analizar a actividade económica dunha determinada rexión, así como para proceder á medición desa actividade económica, ver como é a sua evolución ao longo do tempo e poder facer comparacións entre rexións. A actividade económica é descrita a partir dos conceptos de produción e de renda, que crean valor engadido. Para a sua análise, necesitamos obter información diversa, o tratamento dos datos e a análise dos resultados. A Contabilidade Nacional de España proporciona información sobre as macromagnitudes como o Produto Interior Bruto e as operacións contables, como as operacións de bens e servizos e as de distribución. Para complementar a información que ofrecen o PIB e a Renda Nacional, utilízanse diversos criterios de distribución da renda, como o persoal, o espacial, o sectorial e o funcional, que permiten valorar o grao de concentración da renda. O índice de concentración de Gini e a representación gráfica de Lorenz son os instrumentos máis frecuentemente usados polos economistas para analizar a distribución da renda. Dentro do sistema de contabilidade nacional, o sistema de Contas permite identificar simultaneamente cada operación, a súa contrapartida, e os grupos de unidades implicadas. Diferéncianse dous ámbitos: contas interiores e contas do resto do mundo. Estas últimas rexístranse na Balanza de Pagos, que describe situacións de déficit ou superávit nunha economía nacional. |