Literatura Galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro.
Categoría | Fóra de colección |
ISBN/ISSN | 9788481589696 |
Número de serie | |
Formato | 17 x 24 cm |
Ano de edición | 2023 |
Número páxinas | 462 |
Prezo | 15.00 € |
Autores |
Xoán Babarro González, Suso Fernández Acevedo, Rita Bugallo González |
Descrición | A presente obra reúne, en versión actualizada, os contidos dos tres volumes que inauguraron hai máis dunha década a colección Òlga e que intentaban achegar unha visión do cultivo literario nas terras asturianas de expresión galega. A historia do galego escrito no occidente de Asturias garda un claro paralelismo con Galicia. Tan só coa implantación do Estado das Autonomías comezan a marcarse sensibles diferenzas entre as dúas comunidades. Basicamente, por non se contemplar na primeira a normalización do galegoasturiano. Por máis que o Rexurdimento se consolide no século XIX (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...), non triunfa con autores galegoasturianos ata principios do XX. Fitos significativos foron A Veiga de Ribadeo (1913) de Antolín S. Mediante, Amarguras dun viaxe (1920) de Ramón García González e Un feixe de tapiegadas. Pasillo en dialecto tapiego en un acto y en prosa (1921) de Conrado Villar Loza. O primeiro, co galego común como referente e, os outros, usando as falas vilegas de Castropol e Tapia, respectivamente. Cen anos despois, mantéñense os dous criterios: persoas que utilizan o material lingüístico común e persoas que rexistran só formas locais. A iso únese a ortografía. Hai quen ten como referente as normas da Real Academia Galega, quen prefire as da Academia de la Llingua Asturiana, quen segue modelos lusistas e quen se decanta por unha opción persoal, ignorando calquera proposta estandarizadora. Malia esta situación, é máis o que nos une a todos ca o que nos separa e a vestimenta gráfica non borra a galegoasturianidade, un aspecto cohesionante a termos en conta para defender unha lingua cunha chea de factores en contra para a súa existencia. |
Documentos | |