Secretaría Uvigo

Da indireccionalidade á retranca. Análise das características lingüísticas asociadas á imaxe estereotipada do falante galego

portada
CategoríaMonografías. Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais (Banda Vermella)
ISBN/ISSN9788481589658
Número de serie125
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2023
Número páxinas151
Prezo8.00 €
Autores Mercedes González Vázquez
DescriciónNos estudos de comunicación intercultural deféndese que malia a aparente liberdade de expresión que teñen os falantes para se comunicar na súa lingua, as diversas culturas –mecanismos de control subconsciente– parecen ir moldeando a fala das sociedades ata o punto de lles imprimir un estilo comunicativo propio. Este libro céntrase principalmente na análise de tres características discursivas existentes en todas as linguas: a indireccionalidade, a atenuación e a evidencialidade, ás que lles sumamos a retranca. Preténdese poñer en relación estes catro trazos lingüísticos coa imaxe estereotipada -proveniente do exterior- do estilo comunicativo galego e, asemade, tentarase demostrar que esta imaxe está fondamente distorsionada polo prisma dende onde somos observados. A distorsión evidénciase ó comprobar que moitos outros grupos culturais integran as tres primeiras características discursivas como parte das súas prácticas comunicativas sen recibir as connotacións estereotipadas que se lle atribúen ó falante galego. Veremos que o amplo mapa das culturas deixa transparentar múltiples modos comunicativos transmitindo cada un deles unha forma de concibir a comunicación e as relacións humanas.
Documentos
Atrás