Secretaría Uvigo

Alimentos do futuro

portada
CategoríaEsenciais. Breviarios de divulgación do saber
ISBN/ISSN9788481589665
Número de serie8
Formato11x17.5
Ano de edición2023
Número páxinas91
Prezo5.00 €
Autores Jesús Simal Gándara
DescriciónO actual sistema alimentario experimenta unha serie de problemas que provocan impactos tanto a nivel sanitario, como social, económico, cultural e ambiental. É por iso que o desenvolvemento dunha industria alimentaria saudable, segura, sostible, xusta e inclusiva presenta grandes desafíos, como facer fronte ao cambio climático ou ao esgotamento dos recursos naturais que afectan de maneira directa á produción futura de alimentos e que dependerá en gran medida de como de ben se conserven e utilicen estes recursos. Tanto as tecnoloxías dixitais como o deseño de mellores políticas públicas poderían axudar a facer fronte a algúns dos problemas actuais do sistema alimentario. Por unha banda, a dixitalización (a través da análise de datos, os dispositivos móbiles, os equipos de precisión, as imaxes satelitales de alta resolución e a intelixencia artificial, entre outros) podería contribuír a aumentar a produtividade, a capacidade de resiliencia e a sustentabilidade dos sectores agrícola e pesqueiro. Por outra banda, un axuste das medidas políticas por parte dos gobernos (co obxectivo de orientalas ás oportunidades emerxentes) promoverá o investimento en I+D+i, sustentabilidade, infraestruturas (tanto físicas como dixitais), e sistemas de xestión de riscos.
Documentos
Atrás