Secretaría Uvigo

Fundamentos de Dereito de Defensa da Competencia

portada
CategoríaManuais (Banda Verde)
ISBN/ISSN9788481589368
Número de serie81
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2022
Número páxinas183
Prezo10.00 €
Autores Julio Costas Comesaña
DescriciónEsta obra ten finalidade principalmente docente, e foi redactada coa pretensión de ser unha primeira aproximación ao estudo do Dereito de defensa da competencia, da Unión Europea e de España, polo que estes Fundamentos tamén aspiran a ser útiles para os xuristas e outros profesionais que desexen ter unhas nocións máis ou menos básicas e actualizadas sobre unha rama do Dereito que se constrúe sobre a práctica das autoridades de competencia e dos tribunais. Fundamentos de Dereito de Defensa da Competencia estrutúrase en dez leccións, a través das que se aborda a regulación substantiva e procesual básica do Dereito de defensa da competencia. Mais tamén contén algunha referencia aos aspectos institucionais das autoridades de competencia e dos tribunais competentes para a aplicación das normas de defensa da competencia en España. Por último, inclúese unha análise sinxela das normas de defensa da competencia relativas á aplicación privada ou xudicial das prohibicións de condutas anticompetitivas.
Documentos
Atrás