Guía de subtitulado inclusivo en galego. Indicacións técnicas e lingüísticas para subtitular nunha lingua minorizada
| Categoría | Materiais Lingüísticos |
| ISBN/ISSN | 978-84-8158-914-6 |
| DOI | |
| Número de serie | 11 |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2021 |
| Número páxinas | 78 |
| Prezo | 5.00 € |
| Autores |
Mercedes Martínez Lorenzo |
| Descrición | Para ter acceso a produtos audiovisuais, non abonda con posuír un televisor, senón que a meirande parte da poboación precisa servizos de accesibilidade audiovisual para superar barreiras lingüísticas, sensoriais ou cognitivas. Estes servizos de accesibilidade inclúen a dobraxe, o subtitulado, a audiodescrición ou a lectura fácil, entre outros. Esta é a primeira Guía de subtitulado inclusivo en galego, resultado orixinal e pioneiro dunha investigación doutoral. A guía inclúe indicacións sobre aspectos técnicos do subtitulado e indicacións lingüísticas sobre como subtitular a lingua galega; por exemplo, se hai castelanismos e hipergaleguismos no audio: corrixímolos á forma estándar ou reproducímolos nos subtítulos?. |
| Documentos | |