Descrición | Nesta obra tratouse de sintetizar da maneira máis rigorosa, didáctica e divulgativa posible os grandes contidos, conceptos e categorías que constitúen e definen a esta disciplina académica máis que bimilenaria chamada ciencia política. A través destas páxinas poderase facer un rápido percorrido pola historia da disciplina, desde as súas orixes ata a actualidade, descubrindo todos aqueles contidos ontolóxicos, epistemolóxicos e metodolóxicos que aos poucos foron contribuíndo ao seu nacemento, autonomía, consolidación, institucionalización, profesionalización e universalización. Iso permitirá coñecer non só os distintos obxectos de estudo que foron conformando a evolución conceptual da disciplina politolóxica (a política, o poder, a lexitimidade, o estado, a democracia, a gobernanza…), senón tamén a algúns daqueles autores que máis contribuíron a que o coñecemento acerca da política alcanzase esa esixencia de cientificidade e excelencia académica que hoxe posúe. |